Sen dúbida merece unha atención especial o terceiro concerto desta trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo no que se presenta unha nova agrupación integrada por músicos galegos que nace co obxectivo de difundir a música contemporánea prestando unha especial atención aos autores galegos actuais.
Este Ensemble s21 está formado polo violoncellista Carlos García Amigo, o violinista Jorge Montes, o clarinetista Vicente López e o pianista Julio Mourenza e conta coa dirección artística de Paco Yáñez.
Co segundo dos concertos do Festival de Música Cidade de Lugo 2008 comézase, mañá mércores 16 de abril, a abordar un dos xéneros que terá máis protagonismo nesta trixésimosexta edición do festival: a ópera barroca.
O gran protagonista deste concerto é o contratenor catalán Xabier Sábata que dedica este espectáculo titulado Undercastration a un dos míticos castrados coñecido como Francesco Bernardi, il Senesino (1685-1759).
Comeza a edición número XXXVI do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo.Semana do Corpus.
A Concellería abrirá un novo punto de información xuvenil na praza do Castiñeiro
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, anunciou que a súa Concellería está a preparar tódalas actividades que a nova edición do Elixe 2008 vai ofertar proximamente.
Basadre explicou que “por primeira vez neste programa déuselle oportunidade ás mozas e mozos da cidade de elixir o tipo de actividades de ocio que desexan realizar e de amosar as súas inquedanzas neste senso”.
Exposicións, actividades escénicas, cursos e conferencias centran a oferta cultural
En 2007, Caixa Galicia celebrou máis de 350 actos e rexistrou máis de 200.000 asistentes
O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre a institución financeira e a Administración local para a posta en marcha de actividades culturais nesta cidade.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, entregou hoxe os premios aos grupos gañadores da V edición de Na Búsqueda do Tesouro, organizado pola Concellería de Xuventude e que se celebrou os pasado 3 e 4 de xaneiro.
Para a categoría A, (de 14 a 17 anos) foron entregados os seguintes premios aos seguintes grupos:
1º premio, tres consolas Wii para Más solo que la una.
2º premio, 3 MP4 para MEI
3º premio, unha cea en Boccalino para Pink Ladies
Dentro da categoría B (de 18 a 30 anos) houbo un único gañador, o equipo Patrau que recibiu como premio para os seus in
O xurado do premio Anxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, ofreceu hoxe o resultado da súa deliberación de onte sobre os dous gañadores nas dúas categorías.
O xurado do XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa decidiu nomear como gañador da edición deste sábado a Inma López Silva pola súa novela Memoria de Cidades sen Luz
A xuntanza do xurado tivo lugar hoxe sábado 5 de abril a partir das 11:30 horas na Casa do Concello de Lugo para decidir o nome do gañador desta edición.
Recordemos que este premio está patrocinado por 75 concellos galegos e que está considerado como o máis importante da narrativa en lingua galega cun importe que supera os 12.000 euros.
O xurado que decidiu a novela gañadora, de entre as 27 obras presentadas a
É obrigatorio presentar a documentación que acredite o empadroamento ou que se está a traballar o estudar na cidade
Hoxe, luns 7 de abril, rematou o prazo para inscribirse á viaxe ao Gran premio de España de Fórmula 1 organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre.
O Concello quere facilitar aos mozos e mozas de Lugo afeccionados a este deporte a posibilidade de asistir o vindeiro 27 de abril ao circuíto de Montmeló que acollerá a proba nacional máis importante de Fórmula 1, e gozar dun evento desta magnitude en primeira fila.
O vindeiro luns, 7 de abril, remata o prazo para inscribirse á viaxe ao Gran premio de España de Fórmula 1 organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre.
O Concello quere facilitar aos mozos e mozas de Lugo afeccionados a este deporte a posibilidade de asistir o vindeiro 27 de abril ao circuíto de Montmeló que acollerá a proba nacional máis importante de Fórmula 1, e gozar dun evento desta magnitude en primeira fila.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 413
- 414
- 415
- 416
- 417
- 418
- 419
- 420
- 421
- …
- seguinte ›
- última »