O Concello de Lugo celebrará o domingo día 13 de xullo a oitava edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, así o anunciou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que o ano pasado tivo xa 60 participantes adultos e 5 na categoría xuvenil.
A Concelleira explicou que nesta ocasión o certame presenta novidades con respecto aos anos anteriores. En primeiro lugar delimítase o espazo que poden ocupar os pintores ao recinto amurallado e ao adarve da Muralla.
Continúa aberto o prazo para asistir aos campamentos de verán organizados pola Concellería de Xuventude, a Concellería de Deportes en colaboración coa Fundación Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a Fundación Azkar, Óscar Hermida, e NCD Eventos.
O obxectivo da campaña Vive o Verán en Lugo campaña é ofrecer un completo programa de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo entre os rapaces de 4 a 16 anos.
A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, dedicará mañá xoves, 12 de xuño, un concerto ao poeta galego Manuel Curros Enríquez en homenaxe ao centenario da súa morte.
A actuación, que terá unha duración dunha hora, dará comezo ás 20:00 horas e terá lugar no templete da Praza Maior.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, acompañada polas concelleiras de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela e de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron a exposición Influencia da Vestimenta Romana no Lucus Augusti, composta con traxes realizados polos internos matriculados no instituto do Centro Penitenciario de Bonxe.
Son 19 traxes orixinais que se distribuíron polo museo tendo en conta a súa estrutura orixinal:
1º.- Celtas
2º.- Un soldado militar, xa que o primeiro en chegar a Lucus Augusti foi un destacamento militar.
3º.- Un senador
4º.- Sacerdoti
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou hoxe que a Comisión de Festas decidiu, por unanimidade, que a concesión de casetas e dos postos dos caldeiros do polbo das Festas do San Froilán sexa por 3 anos, atendendo ás demandas dos polbeiros e caseteiros.
O prezo de saída das puxas aumentará este ano a subida do IPC, nun 4,9 %.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, asistiu hoxe á festa que puxo o punto e final aos cursos de cultura urbana organizados pola súa Concellería e que se veñen celebrando na casa da música dende fai meses as noites dos martes e mércores.
Mañá, sábado 7 de xuño, continúa a festa da música intercultural no centro de Lugo.
A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, dedicará o concerto do día 12 de xuño ao poeta galego Manuel Curros Enríquez en homenaxe ao centenario da súa morte.
O concerto que terá unha duración dunha hora, dará comezo ás 20:00 horas e terá lugar no templete da Praza Maior.
Un ano máis Lugo convértese de novo en Lucus Augusti para ofrecer a todos os que se acheguen á cidade amurallada a oportunidade de ver o esplendor da urbe no momento do seu nacemento.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Asociación do Centro Comercial Abierto de Lugo-Lugo Centrum, José Sánchez Bergantiños, asinaron hoxe un convenio de colaboración para realizar actividades de animación, promoción, desenvolvemento, dinamización e consolidación do Centro Comercial Aberto de Lugo.
O Alcalde explicou que o Concello aporta 15.000 euros para colaborar na dinamización do pequeno comercio “nun mundo tan globalizado onde o mercado é libre, só se pode competir con calidade e nós queremos contribuir a esa calidade”.
López Orozco destacou o esforzo
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 408
- 409
- 410
- 411
- 412
- 413
- 414
- 415
- 416
- …
- seguinte ›
- última »