É a primeira vez que a Concellería ofrece un abano tan amplo de formación.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou varios cursos formativos que ofrecen diferentes saídas no mercado de traballo e que completan os de tipo musical presentados hai poucos días. Algúns cursos repiten temáticas abordadas en anteriores edicións que tiveron moita demanda entre a xuventude lucense. É o caso dos Cursos de Monitores de Tempo Libre ou de Linguaxe de Signos. Outros son pioneiros na cidade, como o Curso de Maxia.
O prazo de inscrición comeza o 22 de xaneiro.
Son moitos os grupos musicais lucenses que dende a apertura da “Casa da Música”, en setembro do 2006, pasaron polos seus locais de ensaio. Un total de 48 conxuntos encóntranse inscritos no “Censo de grupos musicais” da Concellería de Xuventude, requisito obrigado para poder disfrutar das instalacións do centro.
Todos os ritmos teñen cabida na Casa da Música e son unha boa mostra da variedade musical da cidade. Nos últimos dez meses ensairaron nela grupos de Pop-Rock, Hip-Hop, Latin Jazz, Heavy Metal, música electrónica ou experimental.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou tres cursos de instrumentos musicais que se van celebrar na Casa da Música a partir do mes de febreiro. Deste xeito, a Casa da Música estrea unha nova faceta ao acoller accións formativas que completan a oferta de locais de ensaios e de concertos.
O programa de cursos "Casa da Música 2007" comprende tres cursos gratuítos destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos e darán comezo a principios de febreiro. Cada un dos cursos conta con quince prazas e está especializado nun instrumento musical.
A Casa da Música continúa cos seus obradoiros de confección de traxes para a festa do Arde Lucus, que este ano chega á súa sexta edición, e que se celebrará a fin de semana do 8 ao 10 de xuño. Como en anos anteriores, os obradoiros están organizados pola Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo.
Dende o luns o harario amplíase de luns a venres entre as sete e as nove. O sábados manterase o horario de once e media a unha e media.
Unha nova edición do programa Elixe a túa Noite dará comezo mañá, venres, con moitas novidades.
O curso de curtametraxes organizado pola Concellería de Xuventude remata esta fin de semana cunha rodaxe dun filme. Este curso de formación comezou o pasado mes de marzo e as clases desenvolvéronse na Casa da Música todos os venres pola tarde.
Para rematalo os vinte alumnos participantes realizarán esta fin de semana a parte práctica da seu aprendizaxe coa rodaxe dunha curtametraxe polas rúas do centro histórico da cidade.
Un total de 19.964 persoas pasaron este ano polo Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para participar na feira Xuvenlugo, máis do dobre que o ano pasado.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe a que será a última actuación desta segunda edición do programa Xoves con Arte.
Nesta ocasión trátase da obra de teatro “El Día del Padre”, a cargo da Compañía Reló. A obra é unha comedia que xira sobre a paternidade.
O xurado do concurso de graffitis da pista de skate acordou esta mañá conceder os seguintes premios:
1º premio a Manuel Pallín Castro, que recibirá 200 euros en premios e pintará un muro.
2º premio a Marcos Pereira Lozano, que recibirá un lote de sprais valorado en 100 euros
3º premio a Tirso Juan Paz Sans, que recibirá un lote de sprais valorado en 50 euros.
O xurado acordou tamén conceder dous accesits a Diego Anido Seijas e Samuel López López, que recibirán un lote de 10 sprais cada un.
O xurado estivo formado polos Concelleiros de Deportes e Xuventude, José Manue
As Concellerías de Xuventude e Deporte arrincan esta tarde unha nova edición do programa de ocio alternativo Elixe a túa Noite, que se prolongará até o 23 de xuño.
O programa elaborado para esta edición segue a mesma liña das convocatorias anteriores con actividades nas tardes e noites dos sábados e domingos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 447
- 448
- 449
- 450
- 451
- 452
- 453
- 454
- 455
- seguinte ›
- última »