
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Coordinadora de Educación Vial da Dirección Xeral de Tráfico, Sara Fuenteseca, e o axente da Policia Local, Jorge Sanminguel, presentaron esta mañá unha campaña de seguridade vial contra os atropelos.
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, informou esta mañá que as obras para iniciar a segunda fase da Praza de Abastos seguen o seu curso e nas próximas semanas se presentará o proxecto de remodelación.
O Concello de Lugo vén de recibir a notificación dun auto ditado polo Tribunal Supremo no que resolve admitir a trámite o recurso que presentou a Administración municipal contra a sentenza que a obriga o pago da débeda contraída pola empresa Frimiño coa Seguridade Social.
O Alcalde, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, visitaron a finalización das obras de mellora e rehabilitación do Mercado de Quiroga Ballesteros e da primeira fase das obras da Praza de Abastos.

Benestar Social organiza un curso de integración para inmigrantes
O Alcalde, José López Orozco; a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, e o Coordinador provincial da Fundación Secretariado Xitano, Manuel Requeixo, entregaron hoxe os diplomas ós participantes nos cursos de formación do Programa Acceder que organizan o Concello e o Secretariado Xitano.
A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, participou esta mañá na presentación dos XVI Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galicia, que terán o próximo domingo 25 de novembro no Pazo Provincial dos Deportes.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, e a Presidenta de UNICEF Lugo, Miriam Garabito, conmemoraron o Día Internacional da Infancia que se celebra hoxe cun encontro de participación infantil na que os nenos e nenas de Lugo fan propostas a prol da infancia. Esta celebración ten lugar hoxe porque se cumpren anos dende que se aprobou a Convención de Dereitos dos nenos o 20 de novembro de 1989.

A Concelleira de Servizos Sociais expresa a satisfacción por este importante recoñecemento que se concedeu a Lugo pola calidade do seu Plan de Infancia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal, realizaron a tradicional ofrenda floral con motivo do día de Defuntos, e que tivo lugar as 12.00 horas na fonte da vía principal do Cemiterio de San Froilán.
O acto de homenaxe e lembranza aos defuntos contou coa actuación de varias pezas de música clásica da Banda Municipal de Música.
No que vai de ano lévanse atendido a máis de 2.000 persoas que solicitaron atención social e xurídica
A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, informou esta mañá da reducción de máis do 60% das axudas que a Xunta concedía para o mantemento da Oficina de Atención ao Inmigrante e que no que vai de ano atendeu a máis de 2.000 persoas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- seguinte ›
- última »