A startup lucense Festigaleiros, que deu os seus primeiros pasos no CEI-Nodus municipal, foi seleccionada, entre máis de cen proxectos, para formar parte da aceleradora Vía Galicia, na súa 7ª edición, un espazo de emprendemento de referencia na comunidade galega.
O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, desprazáronse ata o HULA onde entregaron aos servizos sociais do hospital unha serie de abonos do bus para as persoas con baixos recursos.
En forma de faladorios de domingo, as visitas teatralizadas ao Cemiterio constitúen unha actividade teatral cuxo guión e interpretación corre a cargo de Achádego, grupo de teatro da cidade cunha importante traxectoria artística.
A Concelleira de Participación, Cristina López, estivo presente durante a xornada na que "organizamos, dende o departamento, un concerto coa vocalista Iria Estevez, un reparto gratuito de flores e unha homenaxe a todas as nais que xacen no cemiterio de San Froilán".
O Concello de Lugo foi galardoado esta mañá na octava edición da entrega de premios Pajaritas Azules pola excelencia da súa xestión na recollida selectiva para a reciclaxe de papel e cartón.
A alcaldesa Paula Alvarellos recibiu esta mañá a visita do presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, Eduardo Iglesias García, co que mantivo un breve encontro de traballo.
O centro municipal de información europea Europe Direct Lugo organiza este xoves no auditorio do Vello Cárcere unha xornada sobre desinformación e fake news, coa participación do politólogo e investigador Pablo Simón, analista habitual en medios de comunicación
A Policía Local de Lugo levará a cabo este martes un dispositivo especial de vixilancia no mercadiño de Frigsa coincidindo coa entrada en vigor dos cambios decretados pola área de Participación Cidadá sobre a distribución dos diferentes postos que o integran.
Catro expertos galegos e de ámbito nacional expoñerán distintos contidos relacionados coa prevención das adiccións sen substancia desde diferentes perspectivas na 5ª edición do ciclo de xornadas ‘Adiccións sen substancia’, organizado polo Executivo de Paula Alvarellos no marco do Plan Municipal d