O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa mañá, venres, cunha nova proxección do ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida é “Lola vende cá”.
Este ciclo contempla 12 proxeccións de películas de varias nacionalidades e todas elas cun recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias inicia mañá, venres, o curso de formación de monitores para prevención dende o tempo de lecer que arrincará a fin de semana do 9 e 10 de marzo.
Haberá este ano, debido ao éxito experimentado o ano pasado, tres grupos con distintos horarios de clases. O primeiro será os venres de catro a nove, o segundo os sábados de nove a dúas e o terceiro na tarde do sábado co mesmo horario que os venres.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, realizará un viaxe á aula de natureza do Veral dentro do programa de Animación Sociocultural.
Esta excursión, que se organiza todos os anos de xeito periódico, terá lugar o 28 de marzo con saída ás nove da mañá e a hora de reunión nos centros sociais, será ás nove.
Para evitar aglomeracións, limitouse o número de participantes a 30.
O dereito á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes aínda que de xeito “formal” está recoñecido non está implantado na realidade cotiá. A nosa Constitución recoñece a igualdade e o dereito á non-discriminación por razón de sexo, ao mesmo tempo que obriga aos poderes públicos a adoitar as medidas necesarias para lograla.
Pero esta discriminación segue a estar latente e hai datos contundentes que o demostran.
A Casa da Muller do Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para a viaxe destinada a mulleres do termo municipal que organiza todos os anos. Esta actividade consistirá nesta ocasión nunha estancia en Lisboa, entre o 13 e o 15 de abril.
Como as veces anteriores, o número de prazas está limitado pola capacidade do autobús, polo que a inscrición pecharase cando o cupo esté cuberto.
O prezo da viaxe será entre 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús. O percorrido será por Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo.
As escolas rurais rehabilitadas polo Concello servirán de lugar de atención dos Servizos Sociais dentro da zona rural.
O Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para participar o luns, día 19, no primeiro Concurso e Degustación de orellas e filloas. Esta convocatoria está organizada pola Concellería de Muller e Benestar Social, dirixida por Carmen Basadre, e se atopa dentro do programa de Entroido elaborado conxuntamente por varias áreas.
Este concurso está dirixido a toda a poboación, agás a profesionais da hostalería.
O Concello de Lugo organizou un curso de alfabetización informática destinada a persoas inmigrantes ou emigrantes retornados, que carecen de coñecementos nesta materia ou teñen un nivel básico.
O curso dará comezo o día 24 de xaneiro e terminará o 2 de febreiro en horario de catro e media a oito e media cun total de 32 horas lectivas. Existe un máximo de 15 prazas e cada alumno disporá do seu propio ordenador.
O vindeiro 22 de febreiro Lugo acollerá no salón de actos do Centro social Uxío Novoneyra o Foro Internacional de Comunicación e Xuventude que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Observatorio Galego dos Medios en colaboración co Concello de Lugo.
A Asociación Ágora Cultural presenta mañá, xoves, a partir das sete da tarde, o seu primeiro libro de recopilación dos traballos premiados nos certames culturais organizados por este colectivo.
Así, foron tres as categorías nas que se celebraron estes concursos, conto, foto e cómic.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 403
- 404
- 405
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- seguinte ›
- última »