A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, entregou xunto á Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, os diplomas dos cursos de verán organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias nun acto que tivo lugar ás 12:00 horas deste xoves, no Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, colabora con Nova Escena Teatro na organización do Ciclo de teatro Amador “Atracción Teatral” enmarcado nos Ciclos Outono Teatral.
Para a realización do ciclo a Concellería de Muller e Servizos Sociais facilita o emprego das distintas instalacións e a infraestructura precisa para organizalo.
O ciclo contará con seis representacións levadas a cabo por diferentes grupos de Teatro Amador en varias localidades de Galicia.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou xunto á Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, e unha técnica do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, a Guía de Orientación Laboral que publica o Concello de Lugo.
Esta guía, elaborada cunha subvención do Plan Nacional de Drogas, foi deseñada para ofrecer unha información clara e concisa sobre como planificar dun xeito eficaz a búsqueda de emprego.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, inaugurou hoxe a exposición O Fondo Galego, dez anos con proxectos no Centro Social Uxío Novoneyra.
A exposición amosa os contidos do traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade en prol do desenvolvemento humano nos que están envoltos os concellos e deputacións provinciais, dentro dos que se encontra, dende hai cinco anos, o Concello de Lugo.
A Concelleira afirmou que “é unha satisfación servir de anfitrións para unha exposición coma esta que contribúe a amosar ó público que se achegue ata aquí o enorme trabal
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou o balance de participación nas Excursións de Verán encadradas na programación de actividades socioculturales “Verán en Lugo”.
Un total de 945 persoas participaron nas vinte viaxes organizadas polos centros sociais da cidade e da zona rural. Estas actividades organizáronse para toda a poboación co fin de ofrecer aos lucenses a posibilidade de compartir unhas xornadas de lecer en destinos que combinaran aspectos culturais con espazos para o ocio.
O Concello de Lugo ven realizando dende hai máis de cinco anos un servizo de apoio ás persoas con discapacidade que precisen axuda para subir ou baixar dalgún medio de transporte público, así como das súas vivendas. Protección Civil realizaba este servizo atendendo as solicitudes que os Servizos Sociais lle remitían.
A partir de agora, os trámites de solicitude do servizo serán moito más sinxelos ó contar cun teléfono de atención directa.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañou esta mañá no Concello de Lugo o responsable de Cultura do Concello de Foz, Jaime Cancio, na presentación das festas patronais da localidade costeira, que comezan hoxe, 2 de agosto, cun programa que se alongará todo o mes.
O interese por presentar este programa en Lugo, débese a que no verán esta vila é o lugar escollido por miles de lucenses para pasar as vacacións, por iso conta co total apoio da corporación lucense.
Cun orzamento de 200.000 euros, Foz festexará ao San Lorenzo con música, teatro, cine, pintura
O intercambio de ideas e experiencias entre os asistentes e os congresistas desta primeira xuntanza galega arredor do Alzheimer e outras Demencias, foi constante ao longo dos tres días de reunión.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodendencias celebrará dende mañá, venres, un curso de baile de salón subvencionado polo Plan Nacional de Drogas dentro do programa +xtí.
Un total de 20 parellas, que xa teñen coñecementos de baile latino, comezarán o seu perfeccionamento para conseguir un diploma de asistencia, cunha duración de 45 horas.
O curso, totalmente gratuíto, celebrarase entre o 1 de xuño e o 20 de xullo en horario de nove a once os venres e os sábados de oito a once.
O Concello concede as axudas ao aluguer correspodentes a 2007, para as que destina un orzamento de 66.500 euros, a un total de 55 persoas. Estas subvencións de carácter anual están a cargo da Concellería de Muller e Benestar Social e son xestionadas pola Empresa Municipal do Solo, Evislusa.
A Comision de Valoración reuniuse o pasado venres para analizar as 97 solicitudes que se recibiron, das que se valoraron positivamente 55. Os principais motivos de rexeitamento foron a falta de documentación, a presentación fora de prazo e non adaptarse aos requisitos establecidos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- 398
- 399
- 400
- …
- seguinte ›
- última »