Representantes de Solidariedade Internacional ofreceron hoxe ante os medios de comunicación un resumo das actuacións que se están levando a cabo no municipio indíxena hondureño de Basalte, a cargo do Fondo Galego de Cooperación.
María Paz, de Solidariedade Internacional de Galicia, e Juan Alberto Castillo, representante da mesma organización en Honduras, acompañados de Carmen Basadre, Concelleira de Muller e Benestar Social presentaron o plan de Mejora Integral de las Condiciones de vida en las comunidades del municipio de Balsate, que se está desenvolver en esta zona.
O Concello de Lugo convertiuse xa nun exemplo de accesibilidade aos centros históricos en localidades do sur de Europa.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais organizou unha excursión ao conxunto medioambiental de Marcelle Natureza para nenos e nenas de etnia xitana. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañou aos vinte rapaces do Poboado de Nazaret que gozaron esta mañá dunha visita guiada por este centro de ocio.
A saída tivo lugar ás 9:30 horas e rematou as 13:30 horas. Na excursión foron acompañados por monitores especializados que lles amosaron de preto a fauna exótica.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Basadre, e membros da Corporación inauguraron o novo centro comunitario de Lamas de Prado, que vén complementar as instalacións xa existentes en Aquilino Iglesia Alvariño e na Praza do Castiñeiro. O novo centro acollerá as actividades de animación sociocultural, a 4ª ocioteca da cidade e o espazo de lecer dos maiores.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, asistiu á homenaxe que o grupo da ONCE en Lugo realizou ó atleta Maximiliano Óscar Rodríguez Magi pola súa excelente traxectoria deportiva en tan só dous anos de carrera no mundo do deporte. No acto estiveron tamén presentes D. Juan Leirós, director da ONCE en Lugo e Dolores Venancio, Presidenta do Consejo Territorial da ONCE.
Quísoxe facer un recoñecemento ó atleta polo seu esforzo que le levou a alzarse como medallista en numerosos campionatos nacionais e internacionais.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou a nova programación de actividades socioculturais deseñada pola súa concellería.
O programa desenvolverase nos distintos Centros Sociais Municipais entre o 15 de outubro e o 31 de maio.
A revista virtual Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina web municipal www.lugo.es. Esta publicación, que xa suma 21 números, inclúe este mes unha reportaxe especial que conmemora o Día Internacional da Muller Rural, celebrado o pasado 15 de outubro.
Na sección de Portada recóllese, baixo o título De mi tierra... unha reflexión sobre a realidade da vida da muller rural en todas as súas facetas.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o Delegado Provincial de Educación, Luis Manuel Álvarez e o Xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Miguel Ángel Fernández, presentaron no Concello a posta en marcha do Proxecto Abred.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participaron nunha xuntanza dentro do III Congreso Luso-Galaico que se celebra en Santiago de Compostela, onde explicaron o traballo realizado dende o Concello en materia de Drogodependencias.
A cidade de Lugo está considerada un referente nacional debido á labor que realiza na educación, concienciación e prevención das drogodependencias.
O prazo para tramitar a inscrición nos actos da quinta edición da Festa dos Maiores remata este mércores, día 12 de setembro. Os interesados en participar poden inscribirse entre o 4 e o 12 de setembro nos distintos centros sociais municipais da cidade de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 17:00 a 19:00 horas pola tarde. Os veciños da zona rural póden tramitar as súas solicitudes poñéndose en contacto cos pedáneos correspondentes.
O prezo de inscrición e de 7,50 euros por persoa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- …
- seguinte ›
- última »