O Concello de Lugo, dende a súa Concellería de Muller e Benestar Social, e a asociación Lóstregos Lucus continúan coa súa campaña de Xoguetes en Movemento para nenos e nenas con poucos recursos económicos.
Presentou a cea de Noiteboa e Fin de Ano que o Concello organiza para persoas soas
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou a programación que a súa Concellería porá en marcha para este Nadal 2008.
O Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asistiron á inauguraron da terceira edición do mercadillo solidario do programa de Diversiarte.
Este mercadillo permanecerá no fondo da Praza Maior ata o día 13 de decembro, e estará aberto de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas os días 11 e 12, e de 11:00 a 14:00 horas o día 13.
Esta iniciativa solidaria forma parte das actividades organizadas polo Concello de Lugo e unha vintena de asociacións da cidade, para facer máis visible o traballo das persoas con discapacidade, e c
O Concello de Lugo celebrou hoxe, 3 de decembro, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe unha nova publicación do Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo : …drogas, violencia…unha cuestión de xénero...
Con esta publicación preténdese abordar algunhas das problemáticas sociais máis importantes da actualidade: as drogodependencias e a violencia de xénero. Ainda que o consumo de drogas non é a causa da violencia sí que poder ter unha correlación cos factores desencadenantes da mesma.
O Concello de Lugo e a asociación Lóstregos organizan unha campaña de recollida de xoguetes con destino a nenos con poucos recursos económicos. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, e o presidente da asociación Lóstregos Lucus, Raúl Rocha, presentaron esta acción solidaria na que esperan a colaboración de todos os lucenses.
É o segundo ano que se leva a cabo a campaña de Xoguetes en Movemento que pretende concienciar e sensibilizar á poboación nestas fechas previas ó nadal ante a situación de desigualdade social existente.
A revista Foeminas edita o seu número o 31 celebrando o seu terceiro aniversario e conmemorando o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A revista realiza unha breve reflexión sobre este terceiro aniversario titulado "E que cumpras moitos máis…".
O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá do 1 ao 15 de decembro a exposición itinerante arredor do libro Eu tamén son unha fonte de Teresa Moure e ilustrado por Leandro Lamas. Esta mostra organizada pola Federación Galega de Asociacións de apoio á lactación materna (Fadelgama) conta coa colaboración da Concellería de Muller e Benestar Social e a Concellería de Educación.
O obxectivo é que todos e todas se sensibilicen sobre a importancia do aleitamento materno.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e os representantes de preto de 20 asociacións de persoas con discapacidades da cidade presentaron o programa de Diversiarte 2008.
Mañá, luns 1 de decembro, celébraranse os actos que o Concello de Lugo organiza para conmemorar o Día Mundial da loita contra a Sida.
O Concello de Lugo organiza varias actividades informativas para os lucenses que se centrarán na promoción do uso do preservativo como arma eficaz para previr o contaxio e a transmisión do VIH e doutras enfermidades de transmisión sexual.
O Servizo Muncipal de Prevención de Drogodependenzas que depende da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, realiza este ano unha pequena campaña encaminada a t
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- 378
- …
- seguinte ›
- última »