
O Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre; a de Economía e Emprego, Sonia Méndez; o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a Vicepresidenta Segunda de Deputación, Lara Méndez; o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe; a Presidenta de FADEMUR Galicia, Rosa Arcos; a Presidenta de Fademur estatal, Teresa López e o Secretario de UUAA, Roberto García, participaron esta mañá na inauguraci&oac

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e outras autoridades, participaron esta tarde na inauguración da exposición (m)2 do fotógrafo Xosé Abad que se inclúe dentro do programa de actos organizado polo Concello de Lugo con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o director do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, Juan San Ildefonso, e a Presidenta de FADEMUR Galicia, Rosa Arcos, presentaron esta mañá o Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras que terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro e o domingo 8 nunha carpa situada na Praza de Anxo Fernández Gómez.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a Presidenta da asociación O Castro de Coeses, María Paz Castro Romai, e a pedánea da parroquia, Hortensia López García, presentaron as primiras xornadas sociosanitarias organizadas pola asociación en colaboración co Concello de Lugo e que terán lugar o sábado 7 e o domingo 8 de novembro.

Como cada ano con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Concello de Lugo organiza un conxunto de actividades ao longo de todo o mes de novembro.

A Concelleira de Benestar e Igualdade, participou esta mañá na presentación da 19ª Edición do Festival de Jazz de Lugo que terá lugar do 9 ao 14 de novembro promovido polo Concello de Lugo a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, achega aos diferentes barrios da cidade un ciclo de cine de temática feminina.
Este ciclo comeza hoxe luns 26 de outubro coa proxección da comedia Ayer, hoy y mañana no Centro de Convivencia de Santa María de Bóveda ás 16.30 horas.
A actividade continuará o vindeiro 5 de novembro no Centro de Convivencia Maruja Mallo ás 19.00 horas coa película La teta asustada.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, continúa a desenvolver un conxunto de actividades que está a organizar o Servizo Municipal de Drogodependencias para concienciar á xuventude lucense sobre os efectos negativos do consumo de drogas. Este completo programa está cofinanciado a través dun convenio coa Consellería de Sanidade e o Concello que ascende a 112.174 euros.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e a representante da entidade organizadora, Ana Ónega, participaron na presentación do programa de actividades deportivas deseñado polo club de baloncesto Ensino Porta XI para a tempada 2009 -2010.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, deu conta hoxe tras a reunión semanal da Xunta de Goberno Local, de que o próximo dous de novembro está convocada a reunión da Comisión de Seguemento das vivendas da Ponte, unha vez que o Concello de Lugo xa rematou a adxudicación dos inmobles para o realoxo dos chabolistas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 360
- 361
- 362
- 363
- 364
- 365
- 366
- 367
- 368
- …
- seguinte ›
- última »