
O Concello de Lugo sumouse ós actos do Día Mundial contra a Violencia de Xénero, con numerosos actos que incluíron a lectura dun manifesto institucional, a entrega de premios a mozos que participaron en Certames convocados pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, a instalación dun libro na entrada da Casa do Concello para escribir palabras contra a violencia de xénero e unha conferencia.

Desde o Concello de Lugo, queremos facer un chamamento á rebelión colectiva da cidadanía contra a violencia de xénero: non podemos consentir que esta situación siga manténdose e debemos pór, todos e todas, o noso máis enérxico empeño en romper esta dinámica criminal, e protexer ás vítimas. A todas as vítimas.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, xunto ó Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Director Xeral das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL), Rafael Romero, e a Coordinadora das mesmas en Lugo, Conchita Pintos, inaugurou este xoves, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o curso 2010-2011 de ATEGAL na provincia no que están a participar 100 alumnos.

O proxecto de Presupostos do Concello para o ano que vén adica 200.000 euros máis para axuda a domicilio e dependencia, o que supón un 20% máis que este ano, segundo informou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre.
O informe 'A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos', realizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vaise presentar mañá nas Xornadas de prevención contra a violencia de xénero que organiza o Concello de Lugo a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou esta mañá os programas “Educando en Igualdade” que levará a cabo o Concello de Lugo en colaboración co sindicato FETE-UGT.

O acto reuniu a representantes da Asociación de Mulleres con discapacidades de Galicia ACADAR, da Asociación de Persoas Xordas de Lugo AXORLU, da Organización Nacional de Persas Cegas ONCE e da Asociación Lucense de persoas enfermas mentais ALUME. Foi no marco das Xornadas sobre Prevención contra a Violencia de Xénero.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, encabezou a concentración que realizou a Corporación municipal contra a violencia de xénero antes da celebración do pleno extraordinario que tivo lugar este luns. No acto gardáronse cinco minutos de silencio en recordo das vítimas da violencia de xénero.

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, participou na apertura das Xornadas de prevención contra a violencia de xénero que organiza o Concello con motivo da celebración, o día 25 deste mes, do Día Internacional contra a violencia de xénero.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e o pedáneo de Santiago de Saa, Marcelino Pita, visitaron esta mañá o Centro Dinamizador de Santiago de Saa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 345
- 346
- 347
- 348
- 349
- 350
- 351
- 352
- 353
- …
- seguinte ›
- última »