
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiron o acto en conmemoración do Día Internacional da Muller, no que se fixeron entrega dos premios Entre Mulleres e os de narrativa xuvenil Entre Iguais.
PREMIO “ENTRE MULLERES” 2012
MARÍA JOSÉ VALES GARALOCES (UGT)
- Afiliada dende 1990.
- Secretaría de Política Social e Igualdade dende 2005.
- Compatibiliza a Secretaría co seu cargo como Delegada de Persoal de Entidades Xestoras da Seguridade Social.
- Forma parte da Xunta de Persoal da Administración Xeral do Estado.
- Funcionaria da Tesourería da Seguridade Social
CELIA GARCÍA PENA (STEG)

No primeiro concurso convocado para seleccionar o cartel do Arde Lucus participaron máis de medio cento de obras
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador da undécima edición da festa do Arde Lucus. A obra seleccionada polo xurado presentouse co lema “A chama interior maniféstase” e o seu autor é o veciño de Lugo Iván Mouronte Barreiro.

López Orozco e Carmen Basadre participaron na presentación deste xogo que tivo lugar na Casa da Xuventude e disputaron unha partida con outros internautas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres e que se celebrarán ao longo de todo o mes de marzo e abril.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou dous cursos dentro da programación de +XTI Formación, coa que se pretende favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conten con interese e atractivo para a mocidade.
Co gallo do Entroido, as Concellerías de Xuventude e de Deportes, conxuntamente co Clube de Patinaxe Lóstregos de Lugo que ten encomendada a xestión da Movida Alternativa Xuvenil de patinaxe organizan sendas festas de entroido. Como adianto hoxe 17 de febreiro celebrarase a primeira delas, denominada Festa MAX-Entroido 2012, no Pavillón Municipal da Piringalla Daniel Cordido Castro en horario de 23:00 a 24:30 horas.

Dende o 15 de febreiro e ata o 1 de marzo de 2012 pódese visitar a primeira exposición de pintura nas salas da Casa da Xuventude, que acolle durante este mes a obra do recoñecido artista lucense Hipólito Xeada.
Aínda que este artista conta con obras escultóricas e pictóricas, serán estas últimas, as pezas que compoñan esta exposición. Non atopamos mellores palabras para definir e explicar a súa obra:
Dende hoxe 15 de febreiro e ata o 29 de febreiro todos os hostaleiros que queiran participar neste actividade deberán inscribirse a través do 010, do correo electrónico xuventude@concellodelugo.org ou na propia Concellería de Xuventude. Desta maneira, todos aqueles que o fagan pasarán a formar parte dunha guía na que se explicará cales son os locais participantes e adheridos a esta actividade.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou o programa de actividades para este primeiro semestre do ano da área de Xuventude. Así, na Casa da Xuventude, celebraranse obradoiros de coiro, de abalorios, de encadernación, de marquetería e de reciclaxe. Neste mesmo espazo tamén se ofrecen cursos de linguas como o alemán e inglés e de informática.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 331
- 332
- 333
- 334
- 335
- 336
- 337
- 338
- 339
- …
- seguinte ›
- última »