O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, achegáronse á exposición que co motivo do Arde Lucus celebra o Colexio Divina Pastora- Salesianos, como veñen facendo dende o ano 2008.
O 17 de xuño tamén se vai poder xogar co Expugnatio, un xogo online na que loitan romanos contra castrexos

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañada por diferentes membros das asociacións de hostelería de todos os barrios da cidade presentaron o programa do Ars Magirica que se encadra dentro das actividades do Arde Lucus 2012.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou os produtos que se van poñer á venda por parte do Concello para o Arde Lucus 2012. Trátase dun vaso de cerámica, un alfinete de bronce para o cabelo e unha fíbula que terán un prezo de entre 3 a 20 euros respectivamente.
A Presidenta de El Progreso anuncia que haberá premios nas modalidades de ornato de fachadas e balcóns, escaparates, locais de hostalería e colexios
O Alcalde, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, presentaron hoxe unha nova iniciativa que realzará este ano a celebración da festa do Arde Lucus.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, asinou un convenio con sete panaderías da cidade para a realización das prácticas dos alumnos do curso de formación de panadería e bollería do curso de formación do +Xti. Os negocios que asinaron o convenio son as panaderías Raposo, Majufer, Montirón, Madrid en Lugo, Ingapán (a través dos establecementos Chousa e Don León), Illán e Migas.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, organiza varios actos culturais previos á celebración do Arde Lucus MMXII como desfiles de peiteados romanos, conferencias, exhibicións ou visitas guiadas

A Concelleira de Xuventude tamén destacou que aínda non ten coñecemento do convenio co Xunta en materia de prevención de drogodependencias

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, anunciou esta mañá que se chegou a un acordo coa empresa Grupo Alsa para apoiar e participar no Arde Lucus.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Delegada de Médicos Sen Fronteiras para a zona noroeste, María Díaz, inauguraron a exposición “40 anos de Acción Humanitaria Independente” que se poderá visitar ata o 20 de maio na Casa da Xuventude.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 328
- 329
- 330
- 331
- 332
- 333
- 334
- 335
- 336
- …
- seguinte ›
- última »