O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira,o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, o Deputado de Cooperación e Asistencia aos concellos, Álvaro Santos, e a Presidenta de UNICEF Lugo, Mar Maseda, conmemoraron o Día Internacional da Infancia que se celebra hoxe cun encontro de participación infantil na que os nenos e nenas de Lugo fixeron propostas a prol da infancia.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, mantén aberta a convocatoria dunha nova edición dos certames de fotografía e de narrativa xuvenil que convoca cada ano o Concello de Lugo dentro da programación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero co fin de promover a necesidade de acabar coa violencia de xénero e o machismo.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e o de Servizos Xerais, Manuel Núñez, asistiron esta tarde á apertura do Poboado da Igualdade, a primeira das actividades organizadas polo Concello durante este mes con motivo da conmemoración do Día Internacional en contra da Violéncia de Xénero, que se celebra o 25 de novembro.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades que se van a desenvolver durante todo o mes con motivo da conmemoración do Día Internacional en contra da Violéncia de Xénero.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, comunica que, a partir do vindeiro sábado, cambiará o horario de apertura dos Centros de Convivencia durante as fins de semana e días festivos.
Os novos horarios, que entrarán en vigor o día 15, serán os seguintes:
- Uxío Novoneyra: Sábados, de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.00 horas
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, organiza, a través da Casa da Muller, un obradoiro que será impartido pola pedagoga municipal, Belén Regueiro Burgo, e que se dirixe ás persoas que integran as xuntas directivas das asociacións que teñen creada a vogalía de igualdade de xénero.
O Concello de Lugo quedou 1º de Galicia e 5º de España como mellor cidade accesible
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e os representantes de Auxilia, Aquilino González e Estela González, presentaron a II Xornada de Accesibilidade ao patrimonio e promoción do turismo accesible, que se vai a celebrar o próximo venres 14 de novembro.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Presidente da Fundación Grupo Norte, Javier Ojeda Prieto, e a Presidenta de Down Lugo, María José Blanco Freire, inauguraron esta mañá a exposición “As persoas con discapacidade na vida cotiá” que se poderá ver no Museo Interactivo da Historia de Lugo ata o 30 de novembro.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que a Xunta elimina as axudas para mulleres vitimas de violencia de xénero dentro do Programa de Cooperación con Entidades Locais que se convocan anualmente e que “deixan nunha situación de vulnerabilidade aínda maior ás mulleres que queren cambiar de vida e facerse independentes”.

Os Concelleiros de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, e de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, participaron hoxe na visita guiada nocturna polo cemiterio Municipal de San Froilán, unha actividade na que participaron máis de medio cento de persoas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 308
- 309
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- …
- seguinte ›
- última »