A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza mañá martes 21 de decembro un recital de poemas de Rosalía de Castro, polo 125 aniversario da súa morte.
As Aulas Abertas están dirixidas a nenas e nenos de 4 a 12 anos
O prazo de inscrición, tanto para as Aulas Abertas como para Nadal en Compañía, remata este venres 17 de decembro
Continua aberto o prazo de inscrición para as actividades de Aulas Abertas e Nadal en Compañía da Programación de Nadal que o Concello de Lugo porá en funcionamento para as vindeiras datas.
A Carreira Lugo Monumental celebrarase o domingo día 19 de decembro
Antes da proba deportiva levarase a cabo a Marcha dos Abandeirados e farase unha lectura do Manifesto da Fundación Galega contra o Narcotráfico
O prazo de inscrición para as Aulas Abertas será dende o luns 13 ata o venres 17
A Concellería de Benestar Social e Igualdade abre o prazo de inscrición para as actividades de Aulas Abertas e Nadal en Compañía da Programación de Nadal que o Concello de Lugo porá en funcionamento para as vindeiras datas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e membros da Corporación Municipal, asistiron hoxe a lectura do manifesto có motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidades, que se levou a cabo na Praza Maior ás 12.00 horas.
O venres día 3 levarase a cabo a lectura do manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e os días 15, 16 e 17 de decembro haberá un Mercadiño Solidario
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañada da membro do Padroado da Fundación TIC, Regina Polín, e a representante de COGAMI, Begoña Celeiro, presentaron hoxe unha nova edición de Diversiarte, ocio e cultura sen barreiras 2010.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a presidenta do Comité Anti-Sida de Lugo, Marisa Sánchez, presentaron hoxe a campaña que se desenvolverá na nosa cidade con motivo do Día Mundial da Sida que se conmemora o 1 de decembro.
Nesa data o Concello e o Comité Anti-Sida teñen previsto distribuír folletos informativos e preservativos, así como lazos vermellos que simbolizan a loita contra esta doenza.
O Concello de Lugo sumouse ós actos do Día Mundial contra a Violencia de Xénero, con numerosos actos que incluíron a lectura dun manifesto institucional, a entrega de premios a mozos que participaron en Certames convocados pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, a instalación dun libro na entrada da Casa do Concello para escribir palabras contra a violencia de xénero e unha conferencia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- …
- seguinte ›
- última »