O Alcalde de Lugo, José López Orozco, deu a coñecer hoxe as axudas que o Concello concede para o ano 2011, ao igual que fai cada ano, as diversas asociacións sociais da cidade. Ó acto tamén asistiu a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e representantes de cada unha das 31 asociacións sociais que perciben ditas subvencións.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, deu a coñecer esta mañá as bases para o alugueiro das vivendas adaptadas para persoas con discapacidade da Casa Domótica, que constuiu o Concello de Lugo.
A exposición, que estará aberta no CENTRAD ata o día 25, fai un percorrido polo programa de cooperación que leva a cabo a ONG nunha das rexións máis pobres da India
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, participou este luns na inauguración da exposición fotográfica “Comprometidos con Anantapur” da Fundación Vicente Ferrer.
Nesta edición, participaron 30 mulleres, que realizan esta actividade de animación sociocultural nos Centros de Convivencia Municipais.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade acompañou a representantes da Fundación do Secretariado Xitano e da Asociación de Integración e Promoción Xitana na presentación das actividades que se desenvolverán ao longo da xornada de mañá
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe abrir o procedemento de contratación da obra de reurbanización da praza do Cantiño, que incluirá a adecuación do inicio do paseo interior da Muralla e obras no baixo do edificio número 7, que comunicará a praza co paseo. Este proxecto inclúese no Plan Urban e conta co cofinanciamento do 70% da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
O persoal da Cruz Vermella será informada pola Policía Local das persoas que durman na rúa para que poidan darlle asistencia
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañaron hoxe ó Presidente da Cruz Vermella, Luis Abelleira, na presentación dun programa de actuacións específicas co colectivo de transeúntes e persoas sen fogar.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza para a xornada de mañá sábado día 2 de abril no Centro de Convivencia de Fingoi unha serie de actividades conmemorativas do Día do Libro Infantil.
Así, as nenas e nenos que asisten aos obradoiros dos sábados neste centro, dirixidos polos seus monitores, introduciranse na vida e obra de Hans Christian Ándersen a quen se lle dedica o día 2 de abril de cada ano coincidindo co do seu nacemento.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, abre o prazo para a participación na XII edición das Xornadas de Artes Escénicas de Fingoi que organiza o Concello de Lugo, o Colexio Fingoi e a Escola Arte e Lecer e nas que colabora Palimoco Teatro.
O Auditorio Gustavo Freire acollerá mañá a representación teatral “Homes en escabeche” a cargo de Hipócrita Teatro e incluída no programa do Día Internacional das Mulleres
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 251
- 252
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- …
- seguinte ›
- última »