Carta de servizos do Negociado Rexistro Xeral

Presentación

O Negociado de Rexistro pertence á Área de Servizos Xerais e proporciona unha primeira información xeral á cidadá e ao cidadán cando se dirixe de forma presencial ao edificio administrativo do Concello e, por outra banda, encárgase de rexistrar a entrada da documentación presentada polas persoas interesadas para a súa contestación e resolución polos órganos de goberno do Concello, e de rexistrar de saída todas as notificacións, oficios, ordes, comunicacións, certificacións, expedientes ou resolucións que procedan do Concello.

Servizos que prestamos

  • Informamos á cidadanía sobre trámites municipais e sobre o emprazamento, competencias e funcións dos distintos servizos municipais.
  • Orientamos á cidadanía na presentación de documentos e na cumprimentación dos escritos relacionadas co funcionamento dos servizos municipais.
  • Recepcionamos e rexistramos escritos e documentos dirixidos ao Concello de Lugo, o que inclúe a expedición de copias seladas dos documentos presentados polas cidadás e polos cidadáns ou recibos xustificativos da presentación de documentación, no caso de que a persoa interesada así o solicite.
  • Realizamos cotexos e expedimos copias compulsadas de documentos orixinais que as cidadás e os cidadáns deben aportar xunto cos escritos.
  • Remitimos a documentación rexistrada ós distintos servizos do Concello para a súa resolución.
  • Recepcionamos e rexistramos reclamacións en queixa e suxestións formuladas pola cidadanía sobre materias de competencia municipal e sobre o funcionamento dos servizos municipais e trasladámolas á Oficina de Información e Atención ao Cidadán-Participación Cidadá.
  • Rexistramos de saída todos os oficios, notificacións, ordes, comunicacións, certificacións, expedientes ou resolucións que emanen do Concello.
  • Recepcionamos e rexistramos plicas para licitacións municipais, inscribímolas no Libro de Rexistro de plicas para licitadores, expedimos recibos e/ou certificacións acreditativas da presentación e enviamos as plicas ao Servizo de Contratación; e emitimos o correspondente informe en relación coas plicas presentadas.
  • Emitimos informes a petición doutras servizos municipais en relación coa documentación rexistrada.

Os nosos compromisos

  • Informar no momento á cidadanía sobre trámites municipais e sobre o emprazamento, competencias e funcións dos distintos servizos municipais.
  • Orientar á cidadanía na presentación de documentos e na cumprimentación dos escritos relacionadas co funcionamento dos servizos municipais no momento.
  • Rexistrar no momento a documentación, entregando á cidadá ou ao cidadán, a petición súa, unha copia selada do documento inscrito onde conste día e hora de presentación, número de entrada e número de orde do asunto, ou ben un recibo onde conste esa información.
  • Remitir a documentación rexistrada ós distintos servizos do Concello no prazo máximo de 1 día hábil.
  • Trasladar á Oficina de Información e Atención ao Cidadán-Participación Cidadá as reclamacións e suxestións presentadas, no prazo máximo de 1 día hábil.
  • Rexistrar de saída, no prazo máximo de 1 día hábil, a documentación recibida doutros servizos municipais.
  • Rexistrar no momento as plicas para licitacións municipais.
  • Enviar asas plicas presentadas ao Servizo de Contratación xunto co correspondente informe no mesmo día do seu rexistro.
  • Remitir os informes ós servizos municipais no prazo máximo de 1 día hábil.

Seguimento dos compromisos

  • Número de consultas atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
  • Tempo medio de espera na atención presencial.
  • Número de rexistros de entrada remitidos ós distintos servizos do Concello no prazo máximo de 1 día hábil e porcentaxe sobre o total.
  • Número de asentos no Rexistro de Entrada no ano.
  • Número de asentos no Rexistro de Saída no ano.
  • Número de reclamacións e suxestións trasladadas á Oficina de Información e Atención ao Cidadán-Participación no prazo máximo de 1 día hábil e porcentaxe sobre o total.
  • Número de rexistros de documentación recibida doutros servizos municipais que é rexistrada de saída no prazo máximo de 1 día hábil e porcentaxe sobre o total.
  • Número de plicas para licitacións municipais rexistrada no momento e porcentaxe sobre o total.
  • Número de plicas presentadas e informes que son remitidos ao Servizo de Contratación no mesmo día do seu rexistro e porcentaxe sobre o total.
  • Número de informes remitidos ós servizos municipais no prazo máximo de 1 día hábil e porcentaxe sobre o total.

Onde estamos

Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197 - 27002 Lugo

Horario de atención ao público

Atención presencial  Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:00. 
Atención telefónica (010)  Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 010 / 982 297 350
Fax 982 297 103
010@concellodelugo.org
www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán

Directorio