Sequoiadendron giganteum (Sequoia xigante)

Sequoiadendron giganteum
Sequoia xigante

- Familia: Taxodiaceae
- Orixe: natural da vertiente occidental da Serra Nevada de California ( Estados Unidos)
- Curiosidade: este espécimen do parque pódese ver dende varios kilómetros de distancia

É unha das árbores máis altas e lonxevas que viven na actualidade (rexistráronse alturas de ata 96 metros e as idades de moitos ejemplares oscilan entre 2.000 e 3.500 anos).

En Europa pode acadar ata 50 metros de altura.

O porte da árbore é piramidal, con toro groso e codia fibrosa, as ponlas que nacen do tronco son descendentes.

As follas son acículas pequenas (3-15 milímetros), asubeladas e punzantes, soldadas a ponliñas pola súa base. Dispóñense espiralazas e inclinadas cara a punta das ramiñas.

Na mesma árbore aparecen flores masculinas e femininas. As masculinas saen a comenzos de outono en amentos axilares e terminais que despiden o pole a finais do inverno. As femininas aparecen en pequenos conos ovoides, ergueitos, de 1.3 - 8 centímetros de longo, e tardan 2 anos en madurar.

As piñas maduras son colgantes e poden permanecer ata 20 anos na árbore. A madureza sexual non se acada ata os 80 anos.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro