Fraxinus excelsior (Freixo)

Fraxinus excelsior
Freixo

- Familia: Oleaceae
- Orixe: orixinaria de Europa e oeste de Asia
- Curiosidade: A madeira moi doada de traballar, tense empregado para eixos de carros, xugos de bois, mangos de ferramentas... Tamén se empregan en mediciña as follas e a casca como antipiréticos, laxantes lixeiros e para combatir parásitos intestinais

Árbore de folla caduca e con tronco de casca lisa e verde grisácea  nos exemplares novos.

As follas son opostas, con 7 a 13 foliolos dentados (con máis dentes que nervios) e co envés peludo, a folla enteira pode medir ata 30 centímetros e ten o raquis glabro e acanalado. As xemas son opostas e de cor negra.

As flores poden aparecer separadas as femininas das masculinas, ben na mesma árbore (flor monoica) ou ben en ábores diferentes (flor dioica). Aparecen antes que as follas, as femininas son de cor verde pálida, pouco compactas, espidas e con un estilo. As masculinas dispóñense en acios péndulos, son de cor púrpura e vólvense amarelas cando desprenden o pole, teñen 2 estames.

Os froitos son sámaras péndulas que ó madurar teñen cor parda, miden 4 centímetros e permanecen na árbore despois da caída da folla.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro