Acer campestre (Pradairo pequeno)

Acer campestre
Pradairo pequeno

- Familia: Aceraceae
- Orixe: orixinario de Europa, incluídas as Illas Británicas

Árbore que pode acadar 10 ou 15 metros de altura, posue o toro retorto e a codia de cor gris escuro e fendida en placas rectangulares.

Follas caducas opostas, de 4 a 12 centímetros, de consistencia casi coriácea, palmeadas, con 3 ou 5 lóbulos desiguais, dos que o central pode estar a súa vez trilobulado. Son de cor verde escura na cara superior e con envés máis pálido e pubescente, con grupos de pelos sobre os nervios. No outono, antes de caer as follas, pasan a ter cor amarela, dourada e vermella.

Flores pequenas, hermafroditas, verde-amarelas, dispostas en acios ergueitos.

Os froitos son disámaras que aparecen en grupos de 4, con ás de cor verde ou avermelalda que non se estreitan na base, pero que se ensanchan un pouco no ápice, abertas en ángulo de 180º de 2 a 4 centímetros de lonxitude.

Exuda un líquido leitoso branco ó partir os preciolos.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro