Dende este mércores 8 de xuño ás 12:00 horas están a venda as entradas para os actos do Arde Lucus, o Circo Romano e o espectáculo o desafío dos titáns. As entradas poderanse mercar na Oficina Municipal de Turismo de Lugo e a través da páxina web www.entradaslugo.es.
Segundo informa a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, este ano a compra de entradas está limitada a 10 por persoa. Como en anos anteriores, o prezo é de 2 euros por entrada.
Os espectáculos para os que se poñen en venda as entradas son:
O desafío dos titáns
- Lugar: Explanada do Pavillón Municipal dos Deportes
- Data: 17 de xuño
- Hora: 23:30 horas
Circo romano
- Lugar: Explanada do Pavillón Municipal dos Deportes
- Data: 18 de xuño
- Hora: 18:00 horas
Circo romano
- Lugar: Explanada do Pavillón Municipal dos Deportes
- Data: 19 de xuño
- Hora: 18:00 horas
A Oficina Municipal de Turismo de Lugo está situada na Praza do Campo, 11 e o teléfono é 982 251 658. O horario de atención é os luns, martes e mércores de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas, de xoves a sábado de 11:00 a 19:30 horas e o domingo de 11:00 a 18:00 horas.

