Reparada a avaría de Marqués de Ombreiro

Comunicámosvos que a avaría detectada onte en Marqués de Ombreiro xa foi resolta pola brigada municipal de augas. Xa se restableceu a subministración de auga a tódalas vivendas afectadas e o tráfico rodado xa foi restablecido tamén, logo de ter que realizar cortes puntuais durante a mañá para o paso e os traballo da maquinaria pesada na zona.