Recordatorio da apertura do prazo de inscrición para viaxar a Cervo, o próximo sábado, 19 de agosto

Recordámosvos que esta semana abre o prazo para que se inscriban as persoas interesadas en viaxar o sábado, 19 de agosto, á Festa da Queimada Popular de Cervo, dentro da programación de verán que ofrece a concellería de Benestar.

Lembramos que, para esta excursión, as e os usuarios poderán anotarse, dende hoxe e ata o mércores 09, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Hai 50 prazas dispoñibles.