Plan de tráfico polo Día da Bicicleta

O Concello ten previsto un plan de tráfico para os efectos de garantir a seguridade dos participantes na marcha ciclista que terá lugar o domingo 16 de outubro para celebrar o Día da Bicicleta.

 

Os participantes concentraranse fronte á Casa do Concello ás 11:30 horas e a saída está prevista ás 12:00 horas, realizando o seguinte percorrido:

 

    Saída: Praza Maior
    Praza Maior por diante do Colexio Franciscanos
    Bispo Aguirre por diante do Círculo das Artes
    Zona peonil da Ronda da Muralla, cara a rúa Vilalba
    Rúa Vilalba
    Avenida de Ramón Ferreiro
    Xiro á esquerda fronte a cale Pintor Corredoira, realizando un cambio de sentido e volvendo pola avenida de Ramón Ferreiro
    Rúa Anxo López Pérez
    Ronda da Muralla, concentración fronte á Mosquera
    Ronda da Muralla
    Avenida da Coruña
    Parque dá Milagrosa, accedendo ao mesmo pola porta principal da Avenida da Coruña
    Atravesárase o parque circulando polo seu interior ata chegar fronte á Piscina Municipal de Frigsa, onde se fará unha concentración
    Rúa Montefaro
    Avenida Duquesa de Lugo
    Chegada: Centro Comercial As Termas

 

Contarase coa presenza dun vehículo policial na cabeza, acoutando o inicio da proba e outro pechando o grupo, que determinará o fin do espazo utilizado para a marcha. O servizo de Protección Civil xestiona o acompañamento á proba do Servizo de Ambulancia con persoal médico.

 

O itinerario estará controlado por efectivos da Policía Local e Protección Civil nos puntos onde exista risco para a seguridade viaria dispoñendo de sinalización circunstancial.

 

A Sala de Control de Tráfico contará cun operador de servizo desde as 11:30 horas para dispoñer os semáforos da Rolda da Muralla e da Avenida da Coruña, segundo conveña en cada momento, durante o desenvolvemento da marcha.