Exposición ao público do censo electoral para as Eleccións Municipais do 24 de maio

Durante o período comprendido entre os días 6 e 13 de abril, ámbolos dous inclusive, estará exposto ao público o censo electoral para as Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio de 2015 e pechado ao día 01-01-2015, ao obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados/as poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no seu caso, facer as reclamacións oportunas.

A consulta informática das listaxes electorais, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía co fin de garantir o exercicio do dereito ao voto.

Nesta ocasión adquire maior relevancia ao terse realizado unha modificación importante na ubicación dalgunhas mesas electorais.

LUGAR DE EXPOSICIÓN: Oficinas municipais. Ronda Muralla, 197. (O sábado e domingo a consulta realizarase na Casa Consistorial. Praza Maior, 1).

PRAZO: 6 ao 13 de abril.

HORARIO: 9 a 14 horas en días laborais. 10 a 14 horas sábado día 11 e domingo día 12.