Cortes no servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga para hoxe, 24 de abril

O Concello de Lugo informa de que hoxe, venres, 24 de abril, ás 06:00 horas procedeu a cortarse o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga na marxe dereita de Miguel de Cervantes, concretamente no treito comprendido entre a rúa Castelao e a Escalinata da Estación para proceder á reparación dunha fuga. A Brigada de Augas, que permanece traballando na zona dende primeira hora da xornada, estima que a avaría quedará resolta durante esta misma mañá.