Cortes no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previstos para hoxe, 6 de febreiro

O Concello de Lugo informa de que hoxe, 6 de febreiro, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Rúa Gallego Tato.
  • Marxe esquerda da Rúa Angelo Colocci dende a Rúa Gallego Tato ata a Rúa Lavandeira.
  • Rúa da Inspección dende a Rúa da Terra ata a Rúa do Vidro.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasionen estes corte de auga.