Cortes no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previstos para hoxe, 12 de marzo

O Concello de Lugo informa de que hoxe, 12 de marzo, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Rúa Carpaza, Rúa Santo Domingo de la Calzada e Marxe esquerda da Rúa Padre Sarmiento.
  • Rúa Gallego Tato e Rúa Ángelo Colocci dende a Rúa Avutarda ata a Rúa Lavandeira.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasionen estes cortes de auga.