O Concello de Lugo informa de que hoxe, 31 de xaneiro, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:
- Barrio de San Lázaro dende a ponte que cruza a N-6 ata a ponte romana. Este corte tamén afectará ao Pazo de Feiras e Congresos e ao Hostal San Lázaro.
- Marxe esquerda da Rúa Leiras Pulpeiro dende a Rúa Trapero Pardo ata a Avenida das Américas.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.

