Cortes de tráfico polas festas do barrio da Milagrosa

Con motivo da festividade do barrio da Milagrosa, como en anos anteriores, vaise proceder á ocupación tanto da Praza da Milagrosa, do 2 ao 6 de setembro de 2016 pola mañá, como da Praza Agro do Rolo e Rúa Alfredo Vila, do 1 ao 6 de setembro de 2016. Durante os devanditos períodos de tempo vanse producir corte parciais e/ou totais das devanditas prazas e das rúas adxacentes: Rúa Mallorca, Rúa Yáñez Rebolo, Rúa Milagrosa, Rúa Reverendo Xosé Fernández Núñez e Rúa Anselmo Sanpedro, principalmente entre os días 2 e 5 de setembro de 2016.

As liñas 1 e 5 dos buses urbanos de Lugo veranse afectadas e sufrirán variacións no seu percorrido habitual os días en que se realicen os festexos, especialmente na franxa horaria das 18:00 ás 22:00 horas. Así, a liña 1 desviarase ao chegar ao cruzamento da Avenida da Coruña coa Rúa Mallorca polo itinerario seguinte: Avenida da Coruña - Rúa Manuel María - Rúa Santo Graal; pola súa banda, a liña 5 farao polo itinerario Avenida da Coruña - Rúa Manuel María - Rúa Santo Graal - Rúa  Camiño Real e Rolda Valle Inclán.