Corte rúa Río Neira por instalación de camión grúa

O domingo, 4 de xuño, procederase ao corte total do tráfico rodado pola rúa Río Neira, debido á instalación dun camión grúa fronte ao edificio de Telefónica. Permitirase o acceso de residentes e afectados ata o inmoble número 25, dispoñendo o dobre sentido de circulación pola rúa e pola Praza Mártires de Carral.
 
A empresa disporá segundo o plan de tráfico acordado, sinalización circunstancial, cartelería e operarios sinalistas pola rúa e adxacentes.
 
A circulación de vehículos será regulada polo persoal da empresa, que garantirán en todo momento a súa seguridade.