Corte no tramo da rúa Veiga Grande (Acceso ao Centro Comercial As Termas)

Con motivo do asfaltado da obra que se está executando na rúa Veiga Grande co acceso ao parking inferior do centro comercial As Termas (rotonda), vaise proceder ao corte total da mesma ao longo da mañá de venres, 24 de febreiro de 2017, motivo polo cal tanto o acceso como a saída a dito centro comercial, realizarase dende o vial que comunica o parking superior coa avenida Infanta Elena.