Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para hoxe, 30 de xaneiro

O Concello de Lugo informa de que hoxe, 30 de xaneiro, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Marxe esquerda da Avenida da Coruña entre a rúa García Abad e a rúa Tino Grandío.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.