Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para hoxe, 26 de xaneiro

O Concello de Lugo informa de que hoxe, 26 de xaneiro, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  •  Rúa Quiroga Ballesteros dende a Rúa Amor Meilán ata a Rúa San Froilán.

 A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

 O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.