O Concello de Lugo informa de que mañá, 31 de marzo, procederá a cortar durante a mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:
- Avenida de Madrid dende a Rúa Bernardino Pardo Ouro ata a Avenida Pablo Iglesias.
Así mesmo, esta rúa permanecerá cortada ao tráfico de vehículos mentres se realicen os traballos de reparación, tal e como se aprobou no correspondente plan de tráfico.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.

