Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga para mañá, 13 de novembro

O Concello de Lugo informa de que mañá, 13 de novembro, procederá a cortar durante a mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Praza Conde de Fontao
  • Edificio número 21 da Rúa Alta

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.