O Concello de Lugo informa de que hoxe, 5 de marzo, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:
- Rúas Mondoñedo, Betanzos, Pontevedra e Ourense.
- Rúa Cocepción Arenal entre a Rúa Pontevedra e a Rúa Ourense.
- Rúa Ourense entre Rúa Concepción Arenal e Rúa Tui.
- Rúa Tui entre Rúa Pontevedra e Rúa Ourense.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.

