O Concello de Lugo informa de que hoxe, 24 de setembro, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:
- Marxe esquerda da Avenida Infanta Elena dende a Rúa Veiga Grande ata a Avenida Benigno Rivera.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.

