Corte de tráfico previsto para o sábado 9 de marzo

O Concello de Lugo comunica que con motivo da celebración o vindeiro sábado día 9 de marzo do I Descenso de carrilanas Barrio da Ponte, organizado pola Asociacion de Veciños Ponte Romana coa colaboracion da Concellería de Xuventude e Deportes e baixo a supervision e certificacion da Federacion Española de Deportes de Inercia, están programados cortes puntuais e cambios nos itinerarios de tráfico nesta contorna.

Deste xeito, a rúa Doutor Iglesias Otero, Pontegaos, a Estrada Vella de Santiago e o paseo Álvaro Cunqueiro estarán afectados pola organización e desenvolvemento da proba desde as 9 horas ata as 21 horas do sábado. Ademais, o acceso á rúa Fermín Rivera permanecerá habilitado pola Ponte Nova xa que o acceso pola Estrada Vella de Santiago a través da Ponte Blanca permanecerá cortado durante este horario por mor da competición.

Multimedia