Corte de Tráfico polo Día da Bicicleta 2015

O domingo 27 de setembro dende as 12:00 e ata as 13:30 horas aproximadamente está prevista a celebración do Día da Bicicleta 2015.

Dito evento transcorre polas seguinte rúas:

  • Saída: Praza Maior
  • Praza Maior por diante do Colexio Franciscanos
  • Bispo Aguirre por diante do Círculo das Artes
  • Zona peonil da Ronda da Muralla en dirección á Rúa Vilalba
  • Rúa Vilalba
  • Avenida de Ramón Ferreiro
  • Xiro á esquerda fronte á Rúa Pintor Corredoira, realizando un cambio de sentido e volvendo pola Avenida de Ramón Ferreiro
  • Rúa Anxo López Pérez
  • Ronda da Muralla, concentración e parada de reagrupamento fronte á Mosqueira
  • Ronda da Muralla
  • Avenida da Coruña
  • Parque da Milagrosa, accedendo ao mesmo pola porta principal da Avenida da Coruña
  • Atravesarase o parque circulando polo seu interior ata chegar fronte á Piscina Municipal, onde se fará concentración e parada de reagrupamento fronte á mesma
  • Rúa Monte Faro
  • Avenida Duquesa de Lugo
  • Chegada: Centro Comercial As Termas

Para garantir a seguridade dos participantes e dos usuarios da vías afectadas, procederase ao corte puntual das mesmas e dos cruces afectados.