Corte de tráfico en toda a Ronda da Muralla o día 3 de setembro

Con motivo da manifestación en defensa do sector lácteo prevista na cidade de Lugo para mañá xoves, 3 de setembro de 2015, o tráfico rodado quedará completamente cortado en toda a Ronda da Muralla entre as 12.00 e as 17.00 horas.

A concentración de tractores terá lugar nas inmediacións do Pazo de Feiras e Exposicións entre as 10.30 e as 12.00 horas, dende onde sairán en grupos de 50 e 100 tractores hacia a Avenida das Américas, en sentido Fonte dos Ranchos, e rúas Poeta Cabanillas, Grabador Castro Gil, García Abad e a Avenida da Coruña ata a Ronda da Muralla, en donde procederán a estacionar en todo o seu perímetro ata as 17.00 horas, aproximadamente, quedando o tráfico rodado cortado completamente. Para garantir o acceso de calquera servizo de emerxencias á Ronda entre as 12.00 e as 17.00 horas, quedará habilitado un carril de circulación.