Corte da rúa Mallorca

Con motivo da colocación dun camión guindastre na rúa Mallorca, vaise proceder ao corte desta rúa dende as 14:30 horas do día 15 de outubro de 2016.

Dita medida conleva o seguinte plan de tráfico:

Na Avenida da Coruña en sentido de saída á cidade:

  • Inutilizarase o carril que dá acceso á rúa Mallorca desde a devandita avenida, coa intención impedir o acceso á devandita rúa e derivar todo o tráfico rodado pola avenida
  • Na intersección da Avenida da Coruña coa rúa Tino Grandío, instalarase un valo cun cartel de tamaño mínimo A2, perfectamente visible e lexible, con caracteres impresos non manuscritos e con lenda “RÚA MALLORCA CORTADA POR OBRAS ACCESO RESIDENTES E SERVIZOS POR P/ MILAGROSA”

Igualmente instalarase sinalización circunstancial na devandita avenida pero en sentido de entrada á cidade complementada cun cartel con lenda “RÚA MALLORCA CORTADA POR OBRAS ACCESO RESIDENTES E SERVIZOS POR P/ MILAGROSA”.

Na intersección da rúa Mallorca coa Avenida da Coruña, cortarase o tráfico rodado e a beirarrúa da marxe do “Banco Popular” co fin de derivar o tránsito peonil á beirarrúa contraria da rúa.

Para dar entrada e saída aos residentes e servizos da zona, establecerase o dobre sentido de circulación pola rúa Mallorca, coa localización de sinalización circunstancial e cun cartel coa lenda “ACCESO A RESIDENTES E SERVIZOS DE RÚA MALLORCA”. Na devandita intersección, situarase permanentemente un operario sinalista que facilitará as diferentes entradas e saídas dos vehículos autorizados e facilitará os accesos e incorporacións dos mesmos á normal circulación.

Debido a que se verán afectadas as paradas de bus situadas na rúa Mallorca e na praza da Milagrosa, as mesmas serán trasladadas temporalmente á situada na Avenida da Coruña fronte ao Parque da Milagrosa e colocaranse carteis en dita paradas coa lenda “PARADA TEMPORALMENTE ANULADA, TRASLADADA A AVENIDA CORUÑA - PARQUE MILAGROSA”, para informar aos usuarios das devanditas liñas afectadas pola súa modificación.