Corte da Rúa Chantada

Con motivo duns traballos que se teñen que desenvolver en varios puntos da calzada da Rúa Chantada, vaise proceder ao corte total da mesma desde as 00:00 horas e ata as 06:00 horas do día 29 de setembro de 2016.

Para iso, estableceuse un plan de tráfico consistente en:

  • Procederase ao corte ao comezo da Rúa Chantada segundo o sentido da circulación mediante sinalización circunstancial
  • Achicarase o carril situado máis á dereita da Praza Fonte dos Ranchos, o cal deriva a circulación cara a Rúa Chantada coa fin de evitar a circulación cara a esta última. Instalarase un cartel informativo sobre o devandito corte
  • Facilitarase a entrada ou saída a residentes desde Praza Bispo Odoario, polo que se establecerá o dobre sentido de circulación pola zona unicamente a residentes; aínda que, sempre a xuízo da empresa e dependendo do punto onde se realicen os traballos, poderase habilitar desde a intersección desta rúa coa Rúa Xermán Alonso. Devanditos accesos estarán supervisados por operarios da empresa para garantir a seguridade dos usuarios da vía
  • Para permitir o acceso dende a Praza Bispo Odoario, habilitarase o viario existente desde a Rúa Chantada á Rúa Xermán Alonso de dobre sentido de circulación, para os efectos de permitir o acceso de vehículos autorizados procedentes da Rúa Anduriñas e Ronda da Muralla cara á Rúa Chantada. Instalarase un valo no illote central (oposta ao número 2) cun cartel co aviso “Autorizados residentes e C.N.P.”

Multimedia