
O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, destacou dous importantes asuntos aprobados hoxe pola Xunta de Goberno Local en materia económica e de urbanismo.
O Alcalde, José López Orozco, volveu a enviar hoxe unha carta ó Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para esixirlle, no nome da cidade de Lugo, a implantación dos servizos de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina nuclear no Hospital Universitario Lucus Augusti.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou que o Concello de Lugo vai ampliar a rede de abastecemento de auga na parroquia de Orbazai.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de 16 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que están esta semana de intercambio coas familias dos alumnos lucenses que xa estiveron no mes de marzo en Alema

O Museo Porta Miñá conta cun novo espazo arqueolóxico denominado A peza destacada e na que se expón por primeira vez diferentes restos romanos aparecidos nas excavacións da cidade e que non foron expostos antes.

Un ano máis, e xa van seis, este evento serviu de escaparate do mellor da moda, o deseño e a artesanía lucense, feito ó que se engade o carácter benéfico da Gala, posto que a recadación íntegra da venda de entradas irá destinada ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.
O Alcalde, José López Orozco, amosou hoxe a súa satisfacción pola sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 que lle dá a razón ó Concello de Lugo na decisión do Goberno local de convocar un novo concurso para adxudicar a xestión da ORA.

O Alcalde, José López Orozco, reuniuse hoxe co Secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, co que tratou sobre os proxectos de futuro con especial interese para Lugo da entidade que agrupa a 38 concellos de Galicia e o Norte de Portugal.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou a actualización do III Plan Estratéxico de subvencións do Concello por importe de 1.859.600 euros.

Comezaron hoxe os traballos de demolición da casa abandonada do río Rato, para proceder á creación de novos espazos verdes na zona, tal e como avanzaron, o pasado 27 de marzo, o Alcalde, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- seguinte ›
- última »