Descarga gratuitamente a versión dixital desta nova publicación
Actualidade

O Goberno local destina máis de 67.000 euros anuais ao mantemento das áreas infantís e biosaudables do municipio.
O contrato municipal permite actuar de forma continua en preto de 80 espazos, garantindo a súa conservación e mellora.
“Manter en bo estado os espazos públicos tamén é unha forma de coidar a cidade, garantindo lugares seguros e de calidade para o uso diario da veciñanza”, destaca Miguel Fernández.

A área de Alcaldía do Concello prestou o seu apoio, coa Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, para desenvolver un programa no que comezouse a traballar a primeiros de ano.
A prestación do xuramento realizarase a partir das doce da mañá nun acto solemne reservado a 200 cidadás e cidadáns, para o que é preciso realizar solicitude previa.
Uns 500 efectivos da Garda Real visitarán a cidade nas xornadas previas para participar en exercicios de instrucción, unha exposición e un concerto da Unidade de Música.
As inscricións pódense entregar na Subdelegación de Defensa en Lugo e facerse dixitalmente no enlace https://www.defensa.gob.es//defensa_yo/juras-bandera/index.html.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado por Maite Ferreiro, e Iria Buide, visitaron a iniciativa.
O evento reuniu alumnado e profesorado de varios centros educativos da cidade e da provincia.

A edil de Xestión Integral e Recursos Internos, Ana González Abelleira, representou ao Goberno Local neste foro, integrado por 120 concellos galegos e as catro deputacións.
Aprobouse a proposta para crear esta alianza de alcaldesas e concelleiras, seguindo a estela das compañeiras de Mozambique e Cabo Verde.

Ambos visitaron a nova senda, unha vez que o Concello recepcionou a obra executada polo Organismo da Cunca, coa que 20.000 metros cadrados de natureza circundan o espazo fluvial urbano.
Para Miguel Fernández “o remate deste ambicioso proxecto é, ao mesmo tempo, un xeito de entender o modelo de cidade polo que sempre traballamos: verde, sostible e pensada para ás e os lucenses”.
José Antonio Quiroga sinalou que “a unión destes paseos é un exemplo de como o traballo conxunto entre administracións permite transformar o territorio e poñelo ao servizo da cidadanía”.


O alcalde e presidente do Eixo, Miguel Fernández, abriu o Consello Estratéxico lembrando a “importancia das cidades e dos territorios para anticiparse e dar resposta á veciñanza”.
Este organismo, dependente do Eixo Atlántico, analizou a situación actual derivada dos conflitos bélicos en Ucraína, Gaza e Irán, así como as crises enerxética e económica.
Ademais de protexer aos sectores máis vulnerables fronte ao orde mundial, os concellos de Galicia e Norte de Portugal traballarán para frear o despoboamento e os lumes forestais.

O xurado recoñece a evolución do sistema municipal e a implantación progresiva dun modelo integral de xestión da materia orgánica.
Os datos avalan o modelo: medra a reciclaxe e descende a fracción resto por habitante, consolidando unha tendencia positiva nos últimos anos.
“Lugo está hoxe entre as cidades máis avanzadas do Estado en xestión de residuos porque levamos anos facendo unha aposta firme, planificada e ambiciosa por un modelo máis sostible, eficiente e centrado na economía circular”, afirma o alcalde Miguel Fernández.

O programa incorpora dúas accións formativas en emprendemento, comunicación e competencias dixitais que se desenvolverán nos meses de maio (días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30) e xuño (días 5, 6, 10, 12, 13, 25, 26 e 27).
As actividades son de balde, dirixidas a mozos e mozas a partir dos 16 anos, e requiren inscrición previa a través da web lugomasxti.org, cos prazos abertos ata o 6 de maio e o 3 de xuño, respectivamente.
As sesións na rúa terán lugar do 20 ao 23 de abril, permitindo ao alumnado do curso de DJ actuar en directo en distintos espazos da cidade.
“Seguimos creando oportunidades para que a mocidade se forme, participe e teña un papel activo na cidade”, sinala o edil de Xuventude, Jorge Bustos.

A reparación dun colector de saneamento nesta zona motivou a intervención municipal, que unha vez rematada require do arranxo do firme, co que concluirá dita actuación.
Pecharase ao tráfico o carril de baixada, polo que a circulación derivarase polo de subida, que pasará a ser de dobre dirección, e polas zonas de estacionamento próximas.




























