A Tenencia de Alcaldía investirá 124.078,45€ na reforma da contorna do Colexio Rosalía

"Modificarase parte da rúa Cambria para que as crianzas poidan acceder ao colexo Rosalía, a través dun entorno amable e seguro", dixo Rubén Arroxo.

A  Xunta de Goberno celebrada hoxe aprobou a contratación da obra.

Mércores, 25 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía investirá 124.078,45€ na reforma da contorna do Colexio Rosalía

O Colexo Rosalía de Castro beneficiarase do plan de seguranza dos entornos escolares posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno de hoxe que o Goberno de Lugo adxudicou as obras, investindo un total de 124.078,45€ cos que se creará unha plataforma única con zonas axardinadas e bancos "creando un novo espazo de convivencia como o que podemos ver no norte da cidade, na contorna do Colexio Luís Pimentel"

O CEIP Rosalía é un dos cinco centros da cidade incluidos no programa de vieiros escolares seguros "facilita a conciliación familiar, ademais de promover hábitos de vida saudables e reducir o tráfico rodado na contorna dos colexios" dixo Rubén Arroxo que asegurou que esta actuación complementa o proxecto "Camiño ás Aulas".

A contratación aprobada hoxe inclúe tamén a renovación da rede de abastecemento e as canalizacións de alumeado, co obxectivo de mellorar os servizos e a imaxe da contorna.

Rolda de prensa Xunta de Goberno Local

Arroxo anunciou tamén que se aprobou a prórroga do contrato de maquetación, impresión e distribución do programa das festas do San Froilán. A empresa producciones MIC será a responsable de imprimir e distribuír os 45.000 programas e 4.000 carteis do San Froilán e os 500 carteis do San Froilán Miúdo.

Este contrato non supón gasto ningún para o Concello de Lugo, debido a que a empresa cubrirá os gastos e aportará 300€ ao Concello cos espazos de publicidade no programa das festas de San Froilán. Deste xeito, o custo deste servizo será sufragado pola ou polo contratista cos recursos que obteña da explotación directa da publicidade comercial contida no devandito programa de festas.

 Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a Xunta de Goberno | Descargar mp3

Noticias relacionadas