Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños da Garaballa

A área de Infraestruturas do Concello de Lugo realizou unha serie de actacións na contorna da Garaballa de Arriba, investindo preto de 72.000€.

Arroxo: "Seguimos mantendo xuntanzas coa veciñanza dos barrios para coñecer de primeira man as necesidades en todas as zonas da cidade".

Domingo, 09 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños da Garaballa

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron un encontro con veciñas e veciños da zona da Garaballa. Os edís visitaron a contorna que foi obxecto dunha importante intervención executada pola Tenencia de Alcaldía nos últimos meses, "un proxecto de mellora dos viais públicos que nos permitiu mellorar e optimizar os accesos, mellorando a seguridade das veciñas e veciños do barrio", explicou Rubén Arroxo.

A Tenencia de Alcaldía investiu 71.760,53 €, no asfaltado das zonas con pavimento en mal estado e na construcción dunha nova beirarrúa, ademais da instalación de novos sumidoiros e canalizacións para augas pluviais.

Ademáis, realizáronse varias melloras para facilitar a mobilidade peonil e aumentar a seguridade viaria. Entre as actuacións destacan a instauración de circulación en sentido único no tramo da Garaballa de Arriba desde a intersección coa Avenida Paulo Fabio Máximo, a limitación da velocidade a 30 km/h, e a sinalización de novos pasos de peóns.

Rubén Arroxo destacou que "con estas melloras buscamos, non só optimizar as infraestruturas viarias, senón tamén garantir a seguridade e a accesibilidade para os peóns na zona da Garaballa de Arriba, mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas e fomentar unha mobilidade segura e sostible."

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños da Garaballa
  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños da Garaballa

Noticias relacionadas