Protección Civil limpará mañá o leito do Miño, en Adai, para evitar posibles atoamentos que afecten á ETAP durante o inverno

Os traballos, de carácter preventivo e ordinario, precisan da intervención de mergulladores e de guindastres para retirar os refugallos.

Os labores obrigarán a cortar o tráfico entre as 15:30 e as 18:30 horas na ponte próxima á estación Potabilizadora, polo que o Concello habilitou tres accesos alternativos nas inmediacións.

Xoves, 23 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Protección Civil limpará mañá o leito do Miño, en Adai, para evitar posibles atoamentos que afecten á ETAP durante o inverno

O Goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Protección Civil do Concello de Lugo procederá mañá venres, 24 de setembro, a limpar o leito do río Miño, en Adai, para retirar pólas e troncos de árbores que poidan obstaculizar a represa da Estación de Tratamento de Auga Potable durante os vindeiros meses.

Os traballos, que cada ano se realizan de forma ordinaria antes de rematar a época de estiaxe, precisarán da intervención de mergulladores así como a utilización de guindastres que se empregarán para o traslado dos refugallos localizados.

“A finalidade – segundo indican dende o Servizo de Protección Cívil – é liberar a cunha fluvial de calquera obxecto, fundamentalmente restos de ramas e de vexetación que arrastran as choivas dende as ribeiras, para evitar que poidan ocasionar algún tipo de atoamento á ETAP, comprometendo o seu funcionamento, dende a que se regula o caudal necesario para abastecer de subministración á cidade”.

Para levar a cabo os labores, será necesario cortar o tráfico na ponte municipal próxima á Potabilizadora entre as 15:30 e as 18:30 horas.

As restricións afectarán, nomeadamente, ás parroquias de Adai e Meilán polo que o Concello habilitará tres accesos alternativos.

As persoas que precisen desprazarse pola contorna nese horario poderán facelo:

  • ben pola ponte sobre o Miño, na N-540 (antiga Ponte Nova), por Monte Segade e a estrada municipal de Orbazai
  • pola Ponte Branca – que conecta a N-VI con San Lázaro, na Estrada Vella de Santiago en dirección Orbazai
  • ou ben, pola Ponte de Ombreiro, na estrada autonómica LU -234 que une Lugo e Friol

Comprometéndose o Concello a restaurar o tráfico pola zona habitual en canto rematen as tarefas, tamén se finalizan antes do horario previsto.

Multimedia

  • Protección Civil limpará mañá o leito do Miño, en Adai, para evitar posibles atoamentos que afecten á ETAP durante o inverno
  • Protección Civil limpará mañá o leito do Miño, en Adai, para evitar posibles atoamentos que afecten á ETAP durante o inverno

Noticias relacionadas