As obras do Corazón Verde en Montevideo entran nunha nova fase que implica cambios de tráfico

As variacións, que previsiblemente comezarán o mércores 26, teñen como obxectivo que os traballos de rexeneración da rúa Bolaño Rivadeneira, no tramo comprendido entre Quiroga Ballesteros e a intersección coa praza de Ferrol, poidan efectuarse con maior seguridade.

Os traballos non afectan aos accesos ao Centro Histórico, que continuarán realizándose a través da rúas Montevideo e Teatro, mentres que a saída seguirá sendo por San Fernando. 

Luns, 24 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As obras do Corazón Verde en Montevideo entran nunha nova fase que implica cambios de tráfico

O Concello de Lugo comunica a necesidade de efectuar un cambio temporal na ordenación do tráfico, requirido polo progreso das obras do proxecto Corazón Verde. As variacións que, previsiblemente comezarán o mércores 26,  teñen como obxectivo facilitar os traballos a sección completa e unha maior seguridades nas obras de rexeneración da rúa Bolaño Rivadeneira no tramo comprendido entre Quiroga Ballesteros e a intersección coa praza de Ferrol. Estas actuacións non afectarán aos accesos ao Centro Histórico, que continuarán realizándose a través da rúas Montevideo e Teatro, mentres que a saída seguirá sendo por San Fernando.

Por este motivo quedará interrompido temporalmente o tránsito de vehículos neste tramo da rúa Bolaño Rivadeneira, variando así o itinerario de saída dos vehículos que proveñen dende rúa San Marcos, quedando a circulación na zona da seguinte maneira: a entrada ao recinto amurallado seguirá sendo pola Rúa Montevideo e por Rúa do Teatro, mentres que a saída permanecerá pola rúa San Fernando. Os vehículos que accedan por Montevideo circularán por rúa Bolaño Rivadeneira en sentido ascendente ata chegar á intersección coa Rúa Quiroga Ballesteros, pola continuarán en sentido sur-norte tamén cun único sentido de circulación ata chegar á intersección coa Rúa San Froilán, vía que conectará coa Rúa San Fernando, para realizar así a saída á Ronda da Muralla.

Pola súa banda, na Rúa Ramón y Cajal, vía de acceso ao aparcadoiro subterráneo, manterase de dous sentidos de circulación, un de entrada e outro de saída. Así mesmo, os vehículos procedentes da rúa San Marcos circularán pola Praza de Ferrol, por diante do Centro de Saúde, logo xirarán á esquerda e sairán da Muralla pola Rúa San Fernando.

Por último, os vehículos que saian do Parking da Praza de Ferrol terán que facer manobras para incorporarse ao novo itinerario fixado para saír do recinto amurallado, que pasará por diante do Centro de Saúde cara á Rúa San Fernando.

Noticias relacionadas