O Plan de Barrios do Goberno proporciónalle aos veciños e veciñas da cidade máis seguridade grazas á instalación de 400 metros de varandas

Lara Méndez, Manuel Núñez e Ana Abelleira supervisaron a colocación destes elementos que garanten a mobilidade, para os que o Concello investiu 15.600 euros. As varands están colocadas en 8 puntos da cidade

Estas actuacións responden a múltiples peticións que veciños e veciñas lle demandaron á Alcaldesa en distintas visitas polos barrios

Xoves, 20 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Plan de Barrios do Goberno proporciónalle aos veciños e veciñas da cidade máis seguridade grazas á instalación de 400 metros de varandas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Concelleiro de Educación e Infraestruturas, Manuel Núñez, e da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, supervisaron o resultado dos traballos de colocación de varandas de seguridade que o Concello fixo nos últimos días en 8 puntos distintos da cidade, grazas ao Plan de Barrios, dotado de 2,5 millóns de euros.

Concretamente, o Concello investiu 15.600 euros para a colocación duns 400 metros de varandas, de aceiro, galvanizadas e pintadas en cor azul. Situáronse nos seguintes puntos: 115 metros na rúa Noriega Varela (un tramo de 6 metros na zona superior, de 67 metros na intermedia e de 42 na zona inferior), 27 metros na rúa Padre Gómez, en Monte Faro, 6 metros, na rúa Orquídea, 68 metros, e na Avenida Breogán, 16 metros. Ademais colocáronse 30 metros de pasamáns en Fontiñas, á altura do número 129, e 46 metros en Alexandre Bóveda. Queda pendente un tramo pequeno na rúa Lamas de Prado, onde irán instalados un total de 62 metros.

Estas actuacións responden a múltiples peticións que veciños e veciñas lle demandaron á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, en distintas visitas polos barrios. Ademais, melloran a contorna urbana con elementos que garanten a mobilidade e o tránsito de peóns.

Noticias relacionadas